O proxecto Fluviatilis participa de novo nunha xornada científica coa ponencia From an irrigated crop to riparian forest: water footprint reduction and habitats restoration, que presenta algunhas actuacións de ANSE na 4th Mediterranean Plant Conservation Week (4a MPCW) que se organizan, entre outros, pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), o Centro de Investigación e Experimentación Forestal do CV (CIEF) e o Xardín Botánico da Universidade de Valencia.

Esta presentación súmase ás realizadas anteriormente no marco de RESTAURARÍOS 2023 e á celebrada no seminario “Exchanging Experiences on INVASIVE ALIEN SPECIES Projects in Europe“, organizado polo LIFE INVASAQUA e a UICN, no Centro de Innovación Social La Noria (Málaga), os días 25 e 26 de maio de 2023 e na que Red Cambera presentou o proxecto.