En xeral...
As entidades que forman parte de Fluviatilis propuxeron, como obxectivo xeral, a conservación e rehabilitación dos ecosistemas fluviais, aumentando a súa resiliencia ao cambio climático e a prestación de servizos ecosistémicos a través da custodia fluvial.
E concretamente...
Promover a xestión compartida dos ecosistemas acuáticos continentais, a través da custodia fluvial.
Mellorar a prestación de servizos ecosistémicos nas contornas fluviais.
Adaptar os ecosistemas fluviais ao cambio climático mediante a aplicación de Solucións Baseadas na Natureza (NbS).
Promover o desenvolvemento da bioeconomía do medio local, a través de ferramentas de RSE e de inclusión social.
Promover a integración da cidadanía na mellora e rehabilitación dos ecosistemas fluviais.
Comunicar e difundir os obxectivos e resultados do proxecto.
Comunicación e educación
Impulsamos accións para que a cidadanía se achegue aos espazos acuáticos, os coñeza e se implique na súa conservación e mellora.
Resultados esperados
Custodia fluvial:
- 19 convenios ratificados.
- 13 novos convenios asinados.
Elaboración dunha guía de proxectos de restauración fluvial mediante a custodia do territorio.
Caracterización e avaliación básica do estado dos servizos dos ecosistemas, incluíndo, entre outros:
- Caracterización dos servizos ecosistémicos nos ámbitos de actuación do proxecto.
- Enquisas de percepción.
- Representación infográfica.
Propuxémonos actuar para conseguir a:
- Eliminación de T. fluminensis en 500 m².
- Eliminación de L. grandiflora en 6000 metros lineais de río.
- Eliminación de 8.100 m² de A. donax.
- Eliminación de 550 m² de T. fluminensis gestionados.
- Eliminación de 80 A. negundo.
- Relirada de 4 big bags/ano de X. echinatum.
- Realización de polo menos 2 accións de alerta temperá/ano.
- Realización de 3 mostraxes de pesca eléctrica desenvolvidas para a eliminación da fauna piscícola EEI.
- Xestión de 50 árbores alóctonas en xardíns de zonas próximas substituídas por especies autóctonas.
- Xestión de 1500 metros lineais de Crocosmia × crocosmiiflora.
As actuacións concretas de Solucións Baseadas na Natureza fixaranse ao longo do proxecto pero, a grandes liñas, centrarémonos na restauración das funcións dos ríos e dos seus espazos adxacentes:
- Revexetación.
- Restauración de ribeiras e intervención en marxes.
Plantación e mantemento de ribeiras. - Xestión de árbores.
- Xestión de marxes colmatadas.
- Creación de franxas de plantas acuáticas en lagoas artificiais e pozas de rega adxacentes.
- Rescates de fauna acuática.
- Instalación de caixas-niño.
- Introdución de especies de ribeira ameazadas.
- Xestión de xardíns contiguos á vexetación naturalizada.
Centrarémonos en:
- Xestión de dous viveiros de plantas de ribeira.
- Deseño de paquetes turísticos.
Creación de rutas. - Realización de diversos cursos de formación sobre biodiversidade e ecosistemas fluviais, algúns deles especialmente pensados para persoas en risco de exclusión.
- Procurarase a participación de entidades dedicadas á integración de persoas con retos no seu desenvolvemento.
Os cursos de formación centraranse na interpretación e xestión ambiental en contornas fluviais.
Realizaranse campañas de educación, sensibilización e voluntariado ambiental, que se prevé:
- Realizar menos de 4 bioblitz simultáneos en todas as áreas de actuación do proxecto.
- Poñer en marcha 1 campamento de voluntariado/ano.
- Realizar 60 días de voluntariado/ano.
- Realizar 49 obradoiros/ano dirixidos ao público escolar.