A custodia do territorio é un modelo de Xestión do Patrimonio Natural e da Biodiversidade que implica a participación de moitos actores: sociedade civil organizada, propietarios, cidadáns en xeral e tamén empresas privadas, mediante convenios entre as partes para a xestión do espazo obxecto de conservación e mellora.
A custodia fluvial sería a modalidade de custodia do territorio que se aplica nos ECOSISTEMAS FLUVAIS: ríos, regatos, barrancos, lagos, estanques, humidais, rías, canles.…
Que nos di a lei sobre a custodia?
Segundo o art. 3, da LEI 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, de Custodia do territorio, é o conxunto de estratexias ou técnicas legais para a través da cal os propietarios e usuarios do territorio se implican na conservación e aproveitamento dos valores e recursos naturais, culturais e paisaxísticos.
E segundo o art. 72.1 da mesma lei, dende as administracións promoverase a custodia do territorio mediante convenios entre entidades de custodia e propietarios de predios privados ou públicos que teñan como obxectivo principal a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade.
Ademais, tamén recoñece a posibilidade de que a Administración, cando sexa titular de terreos situados en espazos naturais, desenvolva convenios para a cesión total ou parcial da xestión dos mesmos, a entidades de custodia do Territorio.
As súas peculiaridades…
A auga que atópase no medio natural non ten propietario, é de Dominio Público. Isto supón que a administración correspóndelle á xestión dos recursos hídricos para evitar agresións ou malos usos que se poidan facer dos mesmos..
En moitos países, o límite entre a vexetación terrestre e a vexetación de ribeira marca os límites da canle, a efectos legais. Nos territorios nos que se desenvolve Fluviatilis NON é así e os límites do DPH están delimitados polo nivel das avenidas ordinarias, quedando a chaira de inundación fóra da canle. Este feito dificulta ás veces a xestión e restauración dos ecosistemas fluviais.