O proxecto Fluviatilis, coordinado por ADEGA, ANSE, GNF, Limne e Red Cambera, participou no IV Congreso Ibérico de Restauración Fluvial RESTAURARÍOS 2023.

O evento, celebrado en Toledo os días 21, 22 e 23 de xuño de 2023, estivo organizado polo Centro de Restauración Fluvial Ibérico (CIREF) e a Confederación Hidrográfica do Tajo, en coordinación con Wetlands International -European Association.

O congreso reuniu este ano a 400 expertos que compartiron experiencias e xeraron debates sobre técnicas de conservación e mellora de ríos e zonas húmidas. A eliminación de barreiras, a loita contra as especies invasoras e o desafío do cambio climático foron os eixos fundamentais do congreso.

Fluviatilis realizou unha presentación tipo póster, co obxectivo de compartir experiencias de restauración fluvial cos asistentes ao congreso.

O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.