As entidades do proxecto uníronse para explicar o que é Fluviatilis. Para presentar este proxecto de custodia e bioeconomía fluvial, tan plural e diverso, apostamos por reflectir e destacar nun vídeo a combinación de territorios que forman parte desta iniciativa. Deste xeito conseguimos unha presentación orixinal e atractiva que transmita a diversidade cultural e territorial do proxecto.

Cada entidade narra unha peza clave de Fluviatilis, logrando unir as distintas liñas do proxecto dunha forma eficiente, sinxela e moi breve.

Esperamos que o disfrutedes!

Fluviatilis, custodia para a resiliencia.

Leave a comment