Desde o seu inicio en 2022, as entidades do proxecto Fluviatilis recolleron unha serie de mostras para avaliar os nosos tramos de actuación e estudar a evolución do estado ecolóxico destes ríos, coñecer a súa evolución e se é necesario corrixir posibles disfuncións.
Ata a data, este estudo permite a análise de 20 mostras de peixe, 79 análises de calidade físico-química, 41 mostras de macroinvertebrados acuáticos e 32 análises de calidade hidromorfolóxica.
A valoración conxunta que realiza cada unha das entidades da calidade biolóxica, hidromorfolóxica e físico-química dos seus tramos realízase a partir de diferentes análises e protocolos oficiais. Para a avaliación do estado biolóxico, por exemplo, tívose en conta o índice de macroinvertebrados acuáticos IBMWP (e METI nas concas de aplicación). Para a valoración do estado hidromorfolóxico tivéronse en conta os índices HMF, QBR e IHF. E finalmente, para avaliar a calidade físico-química, estudáronse os seguintes parámetros: osíxeno disolto, condutividade eléctrica, pH, amonio, nitritos, nitratos e fosfatos.